Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

escaparArte

Festival de Teatro

A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de propostas para participar na iniciativa ‘escaparARTE’, un programa complementario do XXX Festival de Teatro Universitario, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan a USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. As intervencións artísticas desenvolveranse o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas.

‘EscaparArte’ está concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo. As persoas interesadas teñen que consultar as bases de participación antes de facer chegar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico escapararte@usc.gal.

Consulta as bases AQUÍ

escaparArte

Consulta as bases AQUÍ

QUERES PARTICIPAR COMO ARTISTA?PERÍODO DE RECEPCIÓN DE PROPOSTAS ATA O 1 DE ABRIL

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira