Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

30 Festival de Teatro Universitario

Abril 2024

Entre os días 15 e 19 de abril regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, chegando á súa 30 edición. Ademais das funcións que terán lugar no Auditorio Gustavo Freire, ás 20.30 horas e con entrada de balde, terá lugar tamén un taller de creación escénica con Ana Vallés e unha nova proposta: escaparArte, unha proposta para todas aquelas persoas interesadas en presentar en diferentes escaparates da cidade traballos de perfil escénico.

30 FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

ABRIL 2024

AUDITORIO GUSTAVO FREIRIE

20:30 ENTRADA DE BALDE

Funcións

15/04 DESEQUILIBRIOS

Aula de Teatro do Campus de Ourense
Grupo Maricastaña. UVigo. 
DIRECCIÓN FERNANDO DACOSTA

16/04 DEIXANDO A PEL

Compañía de teatro da USC Lugo
DIRECCIÓN ANDREA GONZÁLEZ 

17/04 ANTROPOLOXÍA DO BICO

Aula de teatro da USC - Escola de teatro
DIRECCIÓN ROBERTO SALGUEIRO 

18/04 CARA DE LEOPARDA (NA CASA DO SABER ÁS 20:00 H)

Compañía VAITES VAITES. USC-Lugo
DIRECCIÓN ANDREA GONZÁLEZ

19/04 (DES) DE LOS ESCOMBROS

Grupo de teatro UPNA 
DIRECCIÓN OSCAR ORZAIZ 

 

Actividades complementarias:

escaparArte 

Taller de creación escénica


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira