Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Curso de Primavera 2024

Abril 2024

Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros 30 artistas, expertos e investigadores nacionais e internacionais, no Curso de Primavera da USC 2024, do 10 ao 12 de abril.

Programa completo aquí

CURSO DE PRIMAVERA

Pegadas no muro: relatos e proxectos de arte urbana

Salón de Actos Prof. Ana Goy Diz Facultade De Humanidades

10, 11 e 12 de abril    

 Inscrición ata o 5 de abril en: cultura.lugo@usc.gal
 
Coordinadoras: 

Miriam Elena Cortés López Patricia Cupeiro López


Mércores 10 de abril 

10.30 Recepción de credenciais

11.00 Inauguración oficial do curso

11.30 CONFERENCIA 1. Ascensión Moreno (Universitat de Barcelona): Mediación artística nos muros.

12:30 Antonio Alcántara (Universitat de Barcelona): Arte, educación e comunidade. Procesos colectivos para a transformación social. Formato: videoconferencia.

13:00 Actuación Conservatorio de Danza de Lugo

RELATORIOS INTERNACIONAIS

16.00 Adris Díaz (Universidad de Monterrey, Méx.): Muralismo e arte urbana mexicana: unha expresión artística de resistencia e cambio social. Formato: videoconferencia.

16.30 Luzía Oca (USC): Arte urbana contra a exclusión social nun barrio da Grande Lisboa.

17.00 Beatriz Fernández (USC): “Hasta que la dignidad sea costumbre”: a cultura nas rúas durante o estalido social de Chile.

17.30-19.30  Actividade Taller. Relatos de artista. Proceso creativo da terra ao muro, con Doa Oa


Xoves 11 de abril

10.00 CONFERENCIA 2. Laura Luque (Universidad de Jaén): A investigación en arte urbana dende a historia da arte: retrospectiva e horizontes.

RELATORIOS

11.00 Juan Manuel Monterroso (USC): "Un corazón de tiza en la pared... ". Historia, muros e pintura.

11.30 Begoña Fernández (USC): Retos para o patrimonio cultural do futuro. A convivencia entre o patrimonio mundial e a arte urbana. O caso da cidade de Lugo.

12.00 PAUSA

12.30 Clara Rodríguez (7H Cooperativa Cultural): Delas Fest Expandido. Arte, feminismo e espazo público.

13.00 Goretti Castro (Estrella Galicia): As Estrelas do Camiño. A arte urbana axudándolle ao márketing.

13.30 Tareixa Antía Ferreiro (Concello de Lugo): Muralismo. A arte urbana como elemento transformador das cidades.

16.00 May Rojas (Bogotá Colors): Viaxes a toda cor. Formato: videoconferencia.

16:30 Alba Díaz (USC): Imaxes do rural nos murais urbanos na Galiza: algunhas preguntas para a reflexión.

17.00 MESA REDONDA. Arte urbana. Tecendo redes.

Interveñen os artistas Diego AS e Yoe 33, a artista Pía Piadosa, a profesora Emi de las Heras (EASD Ramón Falcón) e os organizadores dos festivais AS PONTES enPEZAS (Lorena Tenreiro Blanco) e PERLA MURAL FEST (Ramón Pereira e Francisco Lage). 

Modera: Ana Cabana (USC).


Venres 12 de abril

10.00 CONFERENCIA 3. Lorena Arévalo (CESUGA/Universidad San Jorge): Entre a reivindicación e a referencialidade. O graffiti como visibilizador do sentir colectivo.

 RELATORIOS

11.00 María Vázquez (EASD Ramón Falcón). Mensaxes dende o muro: a arte urbana como comunicación no século XXI. 

11.30 Miguel Anxo Rodríguez (USC): Arte urbana como recurso: entre a identidade e a xentrificación.

12:00 PAUSA

12.30 Aurelia Balseiro (Museo Provincial de Lugo): Arte urbana e muralismo galego. Consolidación e recoñecemento 

13.00 Eduardo Hermida (Meninas de Canido): Meninas de Canido. Arte e Barrio.

13.30 Clausura oficial.

17.00 Roteiro polos murais de Lugo (PREVIA INSCRICIÓN), con Elena Freire (USC)


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira