Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

V Certame Videocreación

Setembro a novembro 2023

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

Este ano ademais podes participar na actividade complementaria de "Palestras de Videocreación"

V CERTAME DE VIDEOCREACIÓN

Podes descargar a ficha de inscrición aquí

Descarga as cortinillas aquí

As obras presentadas deberán ser inéditas e orixinais.
Cada obra pode ser realizada de maneira individual ou colectiva. No caso de que a peza audiovisual sexa feita por un grupo, deberase indicar unha persoa que o represente ou un nome colectivo que asine a súa autoría.
Cada obra deberá levar a cortina de inicio dispoñible na páxina www.lugocultural.gal
A duración de cada obra será dun máximo de 5 minutos, incluíndo cortina inicial e créditos.
No caso de que a peza conteña linguaxe literaria oral ou escrita, valorarase positivamente a utilización do idioma galego.
No caso de que a peza conteña música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.


PRESENTACIÓN DE OBRAS

Debe cubrirse a folla de inscrición, que poden atopar na web de lugo cultural, coa información da persoa ou colectivo participante e os datos técnicos e artísticos da obra, e incorporar unha ligazón privada para visualizar a obra en liña. Toda esa información debe enviarse ao enderezo cultura.lugo@usc.gal coa documentación que se pide na folla.
Data límite de presentación das pezas: día 22 de novembro ás 13:00 h.


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA
PALESTRAS DE VIDEOCREACIÓN.

Aberto previa inscrición. 20 de outubro, 3 de novembro, 10 de novembro, 17 de novembro ás 20:30, na Casa do Saber con Carmen Granxeiro.


PREMIOS


ENTREGA DE PREMIOS

27 de novembro

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira