Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

VII Certame de Videocreación

Outubro e Novembro

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

Accede ao formulario de inscrición e ás bases do certame aquí

VII CERTAME DE VIDEOCREACIÓN

Accede ao formulario de inscrición e ás bases do certame aquí


PRAZOS

Prazo de inscrición: desde o 1 de outubro ata o 30 de outubro de 2025

Prazo de envío da peza de videocreación: do 5  ao  7 de novembro

Poderase enviar unha ligazón a calquera plataforma descargable e non estea en aberto. Poderase tamén enviar a través de Wetransfer a cultura.lugo@usc.gal

A entrega de premios terá lugar o 21 de novembro na Casa do Saber. 

PREMIOS

Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: 300€e diploma.

   
Premio Araceli Herrero á mellor linguaxe visual e comunicación: 
300€ e diploma.

   
Premio do Público:
 100€ e diploma


Titorías

Para acceder a este recurso, quen participe, ten que enviar un correo-e a cultura.lugo@usc.gal co asunto: Titoría. Deste xeito establecese o luns 13 de outubro ás 20:00 para esa conexión dixital, que terá unha duración de 60 minutos. 

 

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira