Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXIII Encontro de Danza

Maio 2025

Unha nova edición, a vinte e tres, desta cita anual organizada desde o Espazo de Danza da USC, na que se presentan as producións de danza de diferentes compañías de danza universitarias convidadas

XXIII ENCONTRO
DE DANZA UNIVERSITARIO

9 e 10 de maio de 2025

20:30 h

Auditorio Fuxan os ventos


A 23ª edición do Encontro Universitario de Danza desenvolverase no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo os días 9 e 10 de maio. Ao abeiro da Primavera Cultural da USC, este foro artístico pretende favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de achegar esta disciplina artística ao conxunto da sociedade. A compañía da USC será protagonista nun Encontro que contará tamén coa participación da Aula de Danza do Campus Ourense, a da Universidade de Vigo e mais a Aula de Danza da Universidade da Coruña. A entrada é libre e de balde para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo. 

A Aula de Danza da Universidade de Coruña, baixo a mediación de Javier Martín, abrirá o programa de representacións o venres 9 de maio, a partir das 20.30 horas, coa creación colectiva hyphē. A seguir, será a quenda de REDes, título da coreografía da Compañía de Danza da USC dirixida por Juan Carlos Zahera, que reúne de novo as tres Compañías de Danza da USC (as de Compostela, Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción que completará o programa da xornada coa coreografía de Rosa Acuña. 

Alexandra  Clista, Aida García, Noelia Iglesias, Carmen Soriano, Mario Vázquez, Patricia Castro, Alicia Collazo, Iria Estévez, Inés F. Mosquera, Andrea Gil, Alvaro R. Vázquez, Dolores Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Beatriz Ovalle, Sabela R. Campo e Victoria Vázquez compoñen o elenco da produción. 

O sábado día 10 presentarase ante o público lucense a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa obra titulada Máis tarde, cá cedo con coreografía de Ainoa Lizana. De seguido e rematando o Encontro de Danza da USC, coma a xornada anterior, actuará de novo a Compañía de Danza da USC coa coreografía  REDes. 

Entradas gratuítas en https://entradaslugo.es/


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira