Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

II Certame de Videocreación Campus USC Lugo

Decembro 2020

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

BASES

O certame está aberto a toda persoa ou grupos de persoas que queiran participar, limitándose a unha peza por cada autoría.

As obras presentadas deberán ser inéditas e orixinais.

Cada obra pode ser realizada de maneira individual ou colectiva. No caso de que a peza audiovisual sexa feita por un grupo, deberase indicar unha persoa representante do mesmo ou un nome colectivo que firme a súa autoría.

Cada obra deberá levar a cortina de inicio: descárgaas aquí

A duración de cada obra será dun máximo de 5 minutos, incluíndo cortina inicial e créditos.

No caso de que a peza conteña linguaxe literaria oral ou escrita, valorarase preferiblemente a utilización do idioma galego.

No caso de que a peza conteña música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.

PRESENTACIÓN DAS OBRAS

Debe enviarse ao enderezo cultura.lugo@usc.es a folla de inscrición cuberta coa información da persoa ou colectivo participante e os datos técnicos e artísticos da obra, así como unha ligazón privada para visualización en liña. Asimesmo, haberá que entregar a documentación que se pide na folla.

Data límite de presentación das pezas: día 7 de decembro 15:00 h.

PREMIOS

Premio á mellor linguaxe visual (400 €). Valoraranse os aspectos estéticos da obra referentes á imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual de cada peza.

Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria (400 €). Valoraranse os aspectos literarios da obra referentes ao guión e uso da linguaxe escrita ou oral. 

Premio Araceli Herrero á millor comunicación (400€). A millor proposta que englobe todolos aspectos comunicativos empregando diferentes linguaxes.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira