Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

17 Encontro de Danza da USC

21 e 22 de marzo

Pioneira na danza na nosa cidade o Espazo do Campus celebra o seu Encontro con outras universidades no marco do Vello Cárcere, no que nos achegamos a traballos de experimentación e creación.

21 e 22 de marzo ás 20.30h no Vello Cárcere

*Entrada gratuíta

Descarga aquí o programa de man

Mostra Fotográfica 20 anos non son nada

Ver cartel

Con fotografías de  Chus Varela

Este proxecto nace no ano 2016 cando coñecín ao director do Espazo de Danza Juan Carlos Zahera, este viu o meu traballo de fotografía de danza e díxome: “Ti non fas isto para pasar o tempo, ti tes que sacalo de dentro”. E atinou, para min a fotografía é unha necesidade, non é unha opción.

Foi así como me vin inmersa nunha viaxe que, ao longo destes tres anos, me levou a saír da miña zona de confort, a pensar ao grande, a deixarme levar pola creatividade de Juan Carlos e, baixo a súa dirección artística, plasmar as súas ideas nunha foto, aínda que ás veces me parecesen irrealizables ou mesmo una tolemia.  

A idea do proxecto era que non se tratase de fotografías meramente testemuñais, senón que ademais de visualizar o traballo do Espazo de Danza, as fotos tivesen un valor artístico en si mesmas.

 Neste tempo traballamos con materiais tan dispares como terra, auga, plástico, fariña e lume, cambiamos o estudio por escenarios naturais coma As Médulas ou exteriores, corredores e edificios da USC coma a Igrexa ou distintas facultades. Coñecín a coreógrafos, mestras e bailaríns cun incrible talento e paixón e crecín como fotógrafa e como persoa. 

Espero que esta exposición, homenaxe a estes 20 anos de andanza do Espazo de Danza faga xustiza a tanto esforzo e traballo de todos os seus membros. Non están todos os que son, pero son todos os que están.

Chus Varela

 

Bailaríns e coreógrafos:Rosa Acuña, Vicente Ávila, Alba Barral, Sara Domingo, Daniel Lezso, Beatriz Moraes, Juan Moredo, Amparo Novas, Giovanni Peixoto, María J. Pérez, Xiana Vilas e Juan Carlos Zahera

 

Impresión e montaxe: Gráficas Bao

 

 Produción:Vicerreitoría de Comunicación , Cultura e Servizos


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira